Sabía que Deus era un conto da súa nai, que a comida que ela traia á casa comprábaa gracias aos cartos que os señores da cidade lle daban cando se sentaba na porta do supermercado, que a vira el un día que a seguira sen que se decatase. Que bos eran os señores da cidade, que lle daban os cartos que lle sobraban! Había uns señores tan bos que viñan polo poblado cos seus coches grandes e ofrecianlle a sua nai moitos más cartos dos que lle daban os señores do supermercado. El nunca entendeu por que a mamá non quería ir con eles.
Tamén sabía que os reis magos non existían, que vira moitas veces ao seu avó fabricar as bonecas que logo aparecían na camiña de sua irmá na mañá do 6 de xaneiro. E incluso algunha vez vira a sua nai colocandolle a el a tableta de chocolate que comía todas as mañas de reis e que lle gustaba tanto.
Ríase dos nenos da cidade que tiñan que levar zapatos. A el non lle facían falla, xa que, onde el vivía, o chan era de terra e podía pisar descalzo tranquilamente, sentindo o pó e a herba baixo os pes.
Pero non era tan listo. Había cousas que non entendía. Non entendía, por exemplo, como había que facer para que un anaco de terra fose teu. Vira moitas veces anacos de terra rodeados de valos aos que sua nai lle decía que non entrara, porque tiñan dono, pero onde había que ir para ser dono dese anaco de terra? Cando descubrise a onde había que ir, quería coller para el o prado de Verdemar, que daba aos cantís e que en verán se enchía dunhas floriñas moi bonitas.
Tampouco entendía por que a xente da cidade compraba botellas de auga ou mazás, cando el comía ata fartar das mazás que medraban en Hortadamoura e bebía de balde na fontiña que alí había e que, cando era tempo, a auga sabía a mazá.
Non entender isto dáballe un pouco de medo, porque eran cousas que Xan Roxo, o tolo do poblado, tampouco entendía.
Un día chegou polo poblado un home rico. Seu avó dixéralle que había homes ricos e homes pobres, do mesmo xeito que había nenos ricos e nenos pobres. Este home rico dixo que quería ser un home bo, e que por iso nos traia os xoguetes que o seu fillo deixara atrás, agora que cumplira os 18 anos e marchara estudar a Alemania. A el deulle un xoguete moi raro, que disque era o favorito dos fillos ricos dos homes ricos.
-Que é isto?
-Unha Play Station.
-Unha que?
-Unha Play Station.
-E para que sirve?
-Serve para xogar aos avións, aos coches, ao fútbol, a disparar...
Mirou estrañado ese aparello que se chamaba Pleisteixon, ou algo así. "Vaia xoguetes máis raros teñen os nenos ricos." E collendo a Pleisteixon coas dúas mans, marchou correndo e decindo "Vruum, vruum, vruuuuuuuuuuuuuuuuuuuuum"
"Din que os sorrisos máis auténticos son os dos nenos pobres" |
No hay comentarios:
Publicar un comentario