Máis como pasa no campo, que os cadáveres en descomposición dos animais fan medrar as flores; unha floriña roiba, co uniforme da escola medrou entre as axilas en descomposición dos futboleiros, baloncesteiros e demáis criaturas do Señor.
Unha melena loira e ondulada enmarcaba unha cara de non máis de 17 anos, caendo ata a metade da espalda por riba dun polo branco Made in Colexio Relixioso que terminaba nunha falda de cadro escocés granate, cortada con perfección de bisturí sobre unhas pernas brancas, como de bailarina clásica, calzadas nunhas medias, tamén granates; e uns zapatos náuticos que completaban o look de colexiala estándar.
Pero esta non era estándar, porque a mesma roupa levaba a súa amiga e non destacaba tanto. Sería a aparente proximidade da idade ou a realización do mito erótico da colexiala sexy? Non, era o contraste da falda vermella sobre esas pernas esbeltas. Ese pequeno cacho de pernas que quedaba a vista era digno de espectáculo e mirábao coma quen mira unha obra de arte.
Cando viu que súa princesa da boca de fresa baixaba do bus, case levado do demo baixou el por outra porta. Quería ver o espectáculo en movemento. A arte toda concentrada nos andares femininos que tentaba esconder unha non tan casta falda de colexio de monxas.
Camiñando trás dela, ibaselle pasando pola cabeza a idea de que ao mellor podía deixar de ser un observador. Que se cadra podía chegar a ir máis alá da falda. Que se cadra podería arrancar esa falda máis o que houbese debaixo e colocarse entre esas dúas pernas, sentindo como o apertaban nun intento de resistirse.
Xa o decidira. Ía violala. A plena luz do día. Non quitaba vista dese xogo de pernas mentras doblaban unha esquina para entrar, parece que foi Deus, nun calexón. Non podía crer que lle salise tan ben.
Seguindo a falda cun sorriso pervertido, un sorriso imbécil, xirou a mesma esquina que un momento antes xirara a rapaza, cando un puñetazo que salía dunha melena roiba lle quitou a tontería toda.
Mentras o sangue lle saía pola nariz, puido ver unha mancha loira que se alonxaba e escoitar a rozadura dunhas medias contra uns zapatos náuticos que se alonxaban coma quen non quere a cousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario