lunes, 8 de octubre de 2012

Espellos

   Era unha tarde coma outras tantas na liña nº 14 do Bus Urbano Metropolitano. A xente non facía ruído por non destacar. As conversas eran en baixiño e as miradas esquivas.

   Nunha das paradas, abríuse a porta e empezou a soar unha música oitenteira. "-Disco Stu is in da house"-pensei.

   Para miña decepción, non era Disco Stu. Quen entrou coa radio a todo meter era un toliño que xa vira outras veces coa súa radio re-retransmitíndo os partidos a berro seco pola zona turística do porto.

   O toliño non vestía unha roupa fora do común: pantalóns verde pistacho, pisamierdas, unha camiseta e unha americana. Nadie crería súa condición de non fose pola forma entrecortada na que falaba e o ton alto de voz.

   Pagou o seu billete, saudou a berros ao conductor, que quedou un pouco trastocado, e sentou diante de todo.

   Tras un anaco sentado, achegou a radio, aínda funcionando, á orella e comezou unha conversación telefónica cos Bee Gees.

"-HO...HOO...HOLAAAA! QUE?...QUE?... SI SI SI SI...VALE VALE VALEEE... PE...PERO...PERO EH...EST... ESTÁ JUAN?...EST...T...A MARÏA? ...PO...PO...PORQUE QUER...I...I...A FA...LAR CON PABLO, QUE EU QUE?... VALE VALE VALE...SI SI SI SI QUERÏA FA...LAR CON PABLO...PA SABER CAN...N...DO VEN DE...E MÓNACO...POR SE V...VEN CON...MIGO, QUE E VOU TR...TRES DÍAS Á CAS...CASA D...DE MIAMI"

   A conversa, que se oía en todo o bus, espertaban sorrisos de burla compasiva nas bocas dos presentes, que atendían ao monólogo con ollos de "-Meu pobriño". Incluído eu.

   Ao rematar, volveu converter o teléfono en radio e púxose en pé, mirando o reloxo repetidamente con evidente presa. Achegouse ao conductor, preguntoulle pola súa vida, contóulle a propia e despedíose del. Todo a berros. Baixou na mesma parada ca min. Perdino de vista.

   Levaba un cacho andando cando me crucei con Jairo. Vendo súas pintas, diría que o toliño vestía mellor ca el: pantalón corto case minishort, calcetíns ata media pantorrilla, mocasíns, camisa vaquera e bolso de man. Pouco falei con el, levaba présa. Disque ía a un sitio facer algo moi importante. Dixomo xa a uns metros de min, berrando no medio da rúa.

   Seguín andando e vin que de fronte viña miña ex. Por non saudala, collín o teléfono móvil e fixen que mandaba unha mensaxe. Ela metíose nun portal.

   Nese momento, acordeime do toliño.


  "-QUE HIJO DE PUTA!" exclamei. E a xente miroume coma a un tolo.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario