Pouco a pouco, foi baixando o nivel de calificacións, ata conformarse con unha palmadiña na espalda. Pedía calificación polo seu comentario serio, polo seu comentario inxenioso, polo seu comentario observador, polo seu comentario lóxico, polo seu comentario crítico, polo seu comentario adulador, pola súa narración, pola súa novela, polo seu relato corto, polo seu relato breve, polo seu microrrelato, polo seu conto, polo seu poema, polo seu verso renacentista versolibrista, polo seu verso vangardista versolibrista, polo seu caligrama versolibrista, polo seu soneto versolibrista (todo versolibrista), pola súa teoría filosófica, pola súa teoría filosófica sobre Heráclito, pola súa teoría filosófica sobre Parménides, pola súa teoría filosófica sobre Sócrates, pola súa teoría filosófica sobre os sofistas, pola súa teoría filosófica sobre Platón, pola súa teoría filosófica sobre Aristóteles, pola súa teoría filosófica sobre Santo Tomás, pola súa teoría filosófica sobre San Agustín, pola súa teoría filosófica sobre Descartes, pola súa teoría filosófica sobre Descartes, pola súa teoría filosófica sobre Kant, pola súa teoría filosófica sobre Marx, pola súa teoría filosófica sobre Nietzsche, pola súa opinión sobre a expropiación de YPF, pola súa opinión sobre o papel de Fraga na democracia, pola súa opinión sobre a oratoria de Cicerón, pola súa opinión sobre a obra de Kafka, súa opinión sobre a teoría da relatividade, súa opinión sobre a relixión, súa opinión sobre os anarquistas rusos na revolución de Outubro, súa opinión sobre o cine de Berlanga, súa opinión sobre a pintura de Jackson Pollock, súa opinión sobre...
Súa universalidade de temas só era superada pola súa ignorancia na maioría deles. O caso é que súa vida converteuse nun continuo examen. Pasou da teoría á práctica, e comezou a pedir nota cada vez que encestaba un papel na papeleira, cada vez que chutaba unha pelota, cada vez que fornicaba coa súa moza...
O estrés provocado por un continuo intento de dar a nota, é decir, por non baixar a súa media de calificacións, comezou a provocarlle tics nerviosos que se traducían nun non parar de chasquidos de dedos e unha sonrisa forzada de frustración, provocada pola impotencia; impotencia de non manterse sempre no mesmo nivel, quero decir.
O caso é que os seus chasquidos de dedos xogaronlle unha mala pasada o día que se presentou ao exame práctico de ingreso nos TEDAX. A calificación recibida foi todo un boom entre os demáis examinados. Por favor, non vos riades. Non é broma. É tan serio como parece.
No seu epitafio, alguén, a moi mala fé, escribio "Insuficiente".

Ole, ole e ole. Sobresaliente Manito jaja
ResponderEliminar