martes, 14 de febrero de 2012

Non compres perdices.

  Sucedeu en San Valentín. É unha destas historias que nin teñen un "Había unha vez...", nin sucede nun país moi lonxe, nin o cociñeiro prepara as perdices. Estaba nun bar, co periódico aberto, mirando a xente que entraba e saía. "Este tuvo un mal día". "Esta acaba de saír do traballo, e ninguén a espera con unha rosa". "Este está namorado".
 Acababa de entrar nun bar un home novo. Corpulento. Suas enormes mans facían parecer máis patética a rosa que suxeitaban con medo, temblando de nervios, procurando non esmagala. Era un detalle humilde, pero tenro, coma os que se fan querendo. Estaba namorado, e algo me decía que pronto ía a saber de quen.
  
  Pediu unha cervexa. Na sua cara reflexábanse moitos pensamentos mentras trataba de limpar co dedo mollado en cuspe unha mancha furtiva que descubrira na sua camisa a ultima hora. E nesto entrou ela. Díronse dous bicos. Unha rapaza fermosa, de rasgos afiados e pelo escuro. El víase que estaba namorado. Ela tamén o estaba, pero tiña algo raro.

  Falaron. Non cheguei a oir de que, pero na conversa non se debiu falar da rosa que el tiña gardada e coa que non se atreveu a sorprendela. Vamos, tio! Saca a rosa, que o estas deseando!. Pero nada. Falaban. Os nervios non o deixaban moverse, so escoitar e sonreír. Empecei a pensar que non era ela a destinataria da rosa. A el notábaselle, estaba namorado. A ela tamen se lle notaba, pero había algo...

  De súpeto vin ese algo: unha rapaza loira entraba pola porta con un ramo de rosas. "Feliz día dos namorados, meu amor!". Ao oir isto, a rapaza morena levantouse da cadeira e foi cara a rapaza loira. Bicáronse. Creo que empezaba a entender o que pasaba alí. El estaba namorado. Ela tamén. El queríaa. Ela era lesbiana.

  As dúas rapazas despedíronse del e marcharon celebrar o seu día. El sacou a sua humilde rosa. Bicouna e pousouna enriba da mesa. Quedou mirando para a sua cervexa, xa quente, que el sentiría tan fría. 

  "Camareiro, lévelle unha botella de viño a aquela mesa. Págoa eu", dixen. "Que esté anestesiado para cando volva a águia", pensei.


"Prometeo encadeado", por Rúbens.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario