viernes, 14 de octubre de 2011

Coma o viño


-Señor Pedro, meu paxaro non quere cantar!

O señor Pedro era un home de mundo. Falaba varios idiomas. Estivera moitos anos embarcado, emigrado e incluso loitara nalgunha guerra. Todos os nenos da vila queríamos que nos ensinase a tatuaxe do brazo: unha anduriña cunha estrela no pico. Se de algo sabía o señor Pedro era de paxaros.

-A este paxaro faltalle confianza.

O señor Pedro comezou a falarlle ao animaliño. E o animaliño contestoulle

-Cantou!

-Non cho dicía eu? Faltáballe confianza...
-Onde aprendeu tanto de paxaros, señor Pedro?
-Cos anos, ti tamen saberas facer cantar a un paxaro. Basta con encontrar a sua debilidade e cantará canto queiras... Ás persoas pasanos o mesmo.

A última frase deixárame confuso. El miroume e sorriu. "Cando teñas a miña idade, quizais chegues a entendelo"

O señor Pedro morreu. E a min xa non creo que me quede moito.

Hoxe, paseando polo parque, vin un niño de merlos nunha árbore. A nai traia comida e os paxariños recen nacidos chiaban coma condanados.


Creo que empezo a entender as palabras do señor Pedro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario