Tras outro voo ao hospital, un brazo roto e unhas cantas desilusións, deuse conta de que non tiña as. "-E que?"-pensaba."-Non as preciso." Foi así como descubriu os avións. A partir de ahí, xa non necesitaba máis xoguete cos seus brazos en cruz e correr... A os 12 anos, seu avó regaloulle un libro de avións. Ese foi o primeiro. Despois viñeron máis. Nas súas mans, os libros abrían as páxinas e, convertidos en gaivotas recortadas no horizonte, voaban, marchaban tan veloces como veloz chegaba a mocidade ao resto de nenos da sua idade.
E asi se fixo grande entre soños de as de ferro e sangue de queroseno. E veu a guerra. E á guerra foi. E asi se montou nun avión. E asi voou.
é curioso pensar que o noso home só sentía a liberdade dentro do seu biplano. Pasou medo, frío, fame dentro das suas as de metal, pero era tan feliz como a situación lle permitía. Loitou por unha causa e fixose un home de loita.
A guerra rematou e el puido conservar sua liberdade
: seu avión. Voou por todo o mundo. Vivía para voar. Nada lle afectaba alá arriba, no seu reino de vento. Voaba para vivir.
E o máis curioso é que cando voaba no seu avión sentía un frío no peito que non era nin medo nin froito do clima. Era coma o recordo de algo que nunca tivera. Algo que lle marchara voando entre as páxinas dos libros de avións, recortado no horizonte, coma unha gaivota máis...
"Vive su sueño, triste y solitario surcando el cielo"
Oh! (: Que fermoso! Gústame moito algunhas comparacións e metáforas que fas!
ResponderEliminarE que máis che vou dicir, che? Se me encanta como escribes!