miércoles, 2 de mayo de 2012

As migas, por Manuel Rivas

  O piropo. Vai vento. Hai corpos que aman o vento e móvense contra el cunha beleza eufórica. Pola rúa de Beiramar vai unha moza de longas guedellas e un vagabundo, que adoito desvaría, chimpa o verso perfecto do máis elegante bardo: "Ai, nena! Que ben capeas o temporal!"

  O ateo. Un acontecemento editorial, un libro que en miles se anda a ler ás agochadas como divinas palabras: "Tratado de ateoloxía". Coñecín ao autor, Michel Onfray, unha intelixencia viva, humorística, e que cre nun deus: o festivo Dioniso ou Baco, ese pasarrúas. Onfray cóntame que tivo catro ameazas de morte por..."intolerante". A sutileza fanática!

  A diferenza. Xa hai ricos galegos que figuran nos primeiros postos na lista Forbes das grandes fortunas mundiais. No gueto de Penamoa hai doenzas que xa nin se estudan nas facultadesde medicina e crianzas mordidas polas ratas. Mais como é sabido, xa non hai clases sociais, senón lapsus sociais: uns nadan da abundancia e outros nadan na ambulancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario