(Nun lugar preto do monte)
-Ei! Que serán esas dúas luces vermellas?
-Será un avión?
-Non, parvo! non ves que non se moven?
-Ao mellor é un helicóptero que se parou aí, listo.
-E onde está o ruido das helices, anacleto?
-Tamén é verdade... Ben mirado, parecen dous ollos no ceo.
-Serán os ollos dun xigante?
-Non!Eso son os ollos de Deus, bobo!
-Dun xigante!
-De Deus!
-Espera que lle pregunto a meu pai, vas ver como teño eu razón. Papá, que son esas duas luces vermellas que hai alá arriba no monte?
-Son as luces da antena de telefonía, meu fillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario