Había unha vez un pasado máis pasado ca o pretérito perfecto. Un pasado no os deuses se movían bailando e falaban con música. Era un tempo no que todos e ninguén eran bos. Dedicados á danza, os deuses olvidáranse de darlle aos homes a capacidade de verse a si mesmos así que todo crime se xustificaba porque o outro o facía peor.
Se matabas a unha persoa, non pasaba nada, porque o outro matara dúas. Se roubabas unha ovella non pasaba nada, porque outro roubara un boi. E así, uns por outros, no mundo discutían todos.
Os deuses, nun dos seus concertos, chegaron a conclusión de que os homes non podían seguir así, que necesitaban verse a si mesmos, e que había que buscar a forma de que se visen a si mesmos. Esta idea non lle gustaba a Talec, o deus bicéfalo do amor e da guerra, que cría que xa fixeran aos homes moi intelixentes, e que si eran quen de ver seus propios defectos, podían chegar a superar aos propios deuses, pero como falaban con música, Talec tivo que aceptar a proposta, senon non iría acorde cos outros deuses e a sinfonía sería un desastre.
Como querían que visen as súas propias fealdades, fixeron un concurso para decidir cal era o deus máis feo de todos. A gañadora (ou perdedora, según se mire) foi Calianta, a deusa do deber. Ao proclamarse a máis fea do ceo, chorou ríos, mares, lagoas, pozas e fontes, máis era a deusa do deber, e tiña que cumplir, así que se tirou ao lume celeste e surxiu das lapaz convertida nun espello que baixou á terra.
Por primeira vez, os homes e mulleres víronse a si mesmos e descubriron que non eran tan perfectos como crían, pero Talec, que seguía sin estar de acordo, concedeulle á humanidade o don da ira. Ao verse no espello, os homes e mulleres enchíanse de carraxe ao saberse imperfectos.
Non lles gustaba, así que decidiron destruir o espello, máis as lágrimas que chorara Calianta tamén se volveran de espello, e os homes seguían véndose a si mesmos, coa diferencia de que non podían romper as bágoas da deusa.
A medida que a visión que os homes tiñan de si mesmos se volvía máis clara, máis turbio se volvía o mundo. Co don da carraxe, os homes crearon a envexa. Ahora podían ver non só os defectos dos demáis, senón tamén as súas virtudes, e algúns suicidábanse ou mataban aos que vían máis fermosos, máis rápidos ou máis altos.
Talec descubrira que un deus tamén se pode equivocar, e aínda que súa cabeza da guerra estaba encantada, a súa cabeza do amor non podía ver tanta destrución.
Para que os homes non se visen tanto, o deus das dúas cabezas decidiu regalarlles aos homes o vaso. Así, cando ían beber, xa non tiñan que abaixarse a coller a auga coa boca, coma os animais, aniñándose e vendo os seus defectos.. Podían meter o líquido nun vaso e beber mirando ao ceo, dándolle así un descanso a súa sede de verse deuses.