viernes, 31 de agosto de 2012

"Esos locos bajitos"

   Martín era deses rapaces que parece mentira que aínda sexan rapaces.

   Naceu no seo dunha familia atea, na que o libro do Xénese se titulaba "A orixe das especies" e o Che era o crucifixo que penduraba da parede do dormitorio dos pais. Pero Martin xa de aquela era un tipo curioso, e gustáballe coñecer, así que un día, con 10 anos, díxolle a seus pais que quería acudir a clase de Relixión na escola.

     "- E logo como se che dou por aí, Martinciño?
     - Joo, mamá, e que van todos. Vou por probar, e se non me gusta pois deixoo. Non dis que teño que                  probar cousas e ser aberto? Anda mamáaa"

   Como a nai lle pareceu un razoamento moi adulto, firmoulle a autorización para que Martin poidese recibir as clases de Relixión.

   Así comezou Martin súa expedición no mundo da Relixión, un mundo no que nunca antes entrara, no que a auga podía convertirse en viño e o Pai, o Fillo e o Espirito Santo eran unha mesma cousa. O pobre, non acostumado a tanto milagre, frsutrábase ante os seus compañeiros, que estaban acostumados a ir a misa coas súas familias ou as clases de catequese, e repetían as historias bíblicas e a súa ensinanza de memoria.

   Sobre todos os misterios da Relixión, había un que lle costaba entender por enriba de todos, así que un día preguntoulle á profesora:

    "-Profe, podo facerche unha pregunta?
     -A ver, dime...
     -O neno Xesús... Por que nace todos os anos? Nunca medra?"