lunes, 24 de septiembre de 2012

Teltán

    O sol saío polo norte de África o día que en Finlandia se descubríu a cura da SIDA. A noticia caeu coma auga fresca, que tamén escasea nun continenta no que, según o país no que nos atopemos, o virus abarca ao 50% da poboación.

   -"Con este descubrimento, termina unha era. Gracias ao teltán, a agonía de milleiros de enfermos, que ata agora só podían esperar á morte, terminará e poderán volver respirar libres. Será unha bocanada de aire fresco nas casas dos enfermos de todo o mundo."

   O teltán era a clave. Trátase dun mineral moi raro de composición silítica que se acha en cantidades aptas para a súa explotación en determinadas areas do continente europeo e amplas zonas do continente africano. Os milleiros de seropositivos de Botwana camiñaran durante anos arrastrando súa enfermidade, sin saber que a cura estaba baixo os seus pés.

   As fábricas de medicamentos dos países desenvolvidos comezaron a fabricar o antídoto en cantidades industriais, comercializandoo e facendo que os casos de VIH descenderan rapidamente no norte desenvolvido. E incluso a África chegaban misións humanitarias co preciado fármaco.

   Pero as reservas europeas de teltán eran escasas en Europa, polo que pronto se tuvo que recurrir ás africanas. Progresivamente, as partidas de medicamentos destinadas aos botwaneses, aos angoleños, aos congoleños, aos somalíes... foron minguando. O teltán era o novo petróleo e África volvía a ser un bocado apetitoso para o norte.

   De repente, Somalia, que posuía as reservas de teltán máis abundantes, declaráralle a guerra aos Estados Unidos, organizando un atentado contra o Capitolio. Pronto a OTAN ocupou o país, colocando un novo e mellor goberno democrático.

   Marrocos, tamén de súpeto, entrara en guerra contra Alxeria por unha mina de teltán situada fronteira entre os dous países, o que supuxo que o precio dos fármacos subise no norte, repercutindo nas partidas de medicamentos que chegaban a África.

   En Camerún, Malí e Zambia producíndose golpes de Estado por parte de forzas rebeldes apoiadas polas potencias europeas, que vían nos insurrectos á soberanía popular representada, polo que pronto a OTAN foi tamen apoiar as rebelións.

   No Chad, en Uganda e en Tanzania, "alguen" secuestraba rapaces que acababan traballando nas minas de teltán 20 horas ao día por un salario de miseria. 

   Outra vez, a riqueza do solo derivaba na pobreza do pobo, e a derrota global da SIDA, que tantas esperanzas dera a nivel global, resultou ser un perfecto negocio para os de sempre. Porque nunca chove a gusto de todos, pero sempre chove a gusto dos mesmos.

Neno somalí traballando nunha mina de teltán





   

domingo, 9 de septiembre de 2012

"E saberás que meu nome é Yahvé..."

    Non era fácil ser negro a comezos do século XVIII. Moito menos si vivías en África, nunha época de potencias en desenvolvemento e potencias en subdesenvolvemento, na que o peixe máis grande administraba e comerciaba mediante a lei mercantil do saqueo co peixe máis pequeno. A cambio dos suficientes cristais de cores, armas e litros de xenebra, calquera podía comprar os escravos necesarios aos caciques africanos e medrar no negocio do tráfico de persoas, vendendo man de obra barata e obediente nas Antillas, Brasil ou Cuba.

   A Cuba chegou Kalí Zulu cando inda era un neno. Como era moi feitiño el, comprouno a muller dun terratenente, que o vestía cuns pantalóns moi exóticos e o sacaba pasear polas rúas da cidade colonial, acompañado dun moniño. Aínda que neno, e a pesar do que lle decían que os negros nacían para eso, el sabía que seu avó non cruzara o mar en barco nunca. De feito, a Kali ninguén lle dixera que existía o mar, ninguén na súa aldea o vira antes. Tamén sabía que os negros adultos sufrían traballando. Vía coma as mulleres embarazadas que facían algo mal lles vareaban o lombo, pero deitandoas boca abaixo coa barriga nun furado, para non danar ao futuro esclavo. Porque Kali tamén fora aprendendo que eles eran esclavos: menos ca animais, os fillos dos nada.

   Cando xa tuvo forza e corpo para o traballo, deixárono de vestir coa roupa exótica e mandárono case espido para as plantacións de azucre. O unico que estaba permitido alí era traballar. Se parabas, latigazos. Se esmorecías, latigazos. Se protestabas, atábante a un banco no que che rompían os osos de brazos, pernas e costelas para despois atarte a unha roda de carro, facendo que os pes tocasen a cabeza, e deixarte morrer lentamente. Kali tiña a sorte de ser forte de corpo, así que o traballo non lle era gran pesar, pero a alma tamen doe cando a un llo negan todo.

   A paciencia de Kali chegou ao seu límite cando o misioneiro apostólico Juan Perpiñá e Pibernat viñera a darlles un sermón para que cresen no seu Deus. Entre outras cousas, dixéralles:

"!Pobrecitos! No os asustéis porque sean muchas las penalidades que tengáis que sufrir como esclavos. Esclavo puede ser vuestro cuerpo: pero libre tenéis el alma para volar un día a la feliz mansión de los escogidos"

   Que eran libres? De que? De ser escravos? Aquel fora o último sermón de Juan Perpiñá...

   A noite, Kalí escapou do barracón de escravos e meteuse na cabana do misioneiro. Atoulle as mans con unhas cadeas que trouxera, mentras o misioneiro espertaba e se retorcía. "-Su alma es libre, señor, no se resista". Kalí sentouselle enriba do peito ao misioneiro e orinoulle na cara, mentras este pelexaba por respirar. "-Su alma es libre".

   Arrincou un anaco de manta e atoroulle a boca para que non berrase. Rachoulle o camisón e deitouno boca abaixo sobre a cama. Descolgou o crucifixo de enriba da parede e meteullo polo ano. Sangraba coma o porco que era. Como non paraba de espernexar, arrancou a pata dunha mesa e creboulle os fémures. O porco xa estaba a mercede de Kalí. Nos seus ollos brilaba o mesmo lume do inferno, máis había algo de xustiza divina no seu mirar. O algodón do camisón do "santiño" fora recollido por esclavos no continente. A madeira da cama pertencía a unha árbore que estaba onde ahora so había chans queimados pola esixencia de nutrintes das plantacións de azucre. E el era complice de todo eso, coas súas promesas de un mundo mellor tras a morte.

   Kalí saíu fora e colleu a vara máis fina e dura que atopou. Volveu dentro e azotou con saña ao seu inimigo.  Comezou polas pernas crevadas ata a altura do pescozo. O cura parecía un daqueles cristais de cores cos que compraran a Kalí, todo tinguido de vermello. Volveu coller a pata da mesa e tronzoulle todos os osos, ata que o matou dun golpe na cabeza.

   Cando xa estaba morto, quitoulle as cadeas e usounas para colgalo dunha viga do teito. Ao salir da Cabana, os primeiros raios do sol empezaban a asomar no horizonte, sobre o mar, facendo un rego de ouro sobre o lombo azul das augas, debuxando o camiño que algún día Kalí seguiría de volta a Guinea.

viernes, 31 de agosto de 2012

"Esos locos bajitos"

   Martín era deses rapaces que parece mentira que aínda sexan rapaces.

   Naceu no seo dunha familia atea, na que o libro do Xénese se titulaba "A orixe das especies" e o Che era o crucifixo que penduraba da parede do dormitorio dos pais. Pero Martin xa de aquela era un tipo curioso, e gustáballe coñecer, así que un día, con 10 anos, díxolle a seus pais que quería acudir a clase de Relixión na escola.

     "- E logo como se che dou por aí, Martinciño?
     - Joo, mamá, e que van todos. Vou por probar, e se non me gusta pois deixoo. Non dis que teño que                  probar cousas e ser aberto? Anda mamáaa"

   Como a nai lle pareceu un razoamento moi adulto, firmoulle a autorización para que Martin poidese recibir as clases de Relixión.

   Así comezou Martin súa expedición no mundo da Relixión, un mundo no que nunca antes entrara, no que a auga podía convertirse en viño e o Pai, o Fillo e o Espirito Santo eran unha mesma cousa. O pobre, non acostumado a tanto milagre, frsutrábase ante os seus compañeiros, que estaban acostumados a ir a misa coas súas familias ou as clases de catequese, e repetían as historias bíblicas e a súa ensinanza de memoria.

   Sobre todos os misterios da Relixión, había un que lle costaba entender por enriba de todos, así que un día preguntoulle á profesora:

    "-Profe, podo facerche unha pregunta?
     -A ver, dime...
     -O neno Xesús... Por que nace todos os anos? Nunca medra?"


martes, 19 de junio de 2012

Sentado fronte ao mar: a cabeza non para

"Mira que hai flores. E non son nada do outro mundo! Realmente son pitos e vaxinas que incitan aos insectos á zoofilia, convertíndoos nunha sorte de espermatozoides zumbantes -Bzzzzzzzzzzzzzzz BBBBBBBBZZzz-, como... como vibradores con alas que levan a semente masculina ao calor femenino, vibradores con sorpresa. Vibradores Kinder! Pero aínda así, que penes e que vaxinas tan fermosos. Oxalá meu pene fose así. Aínda que no fondo, non somos tan distintos a flores. Chamamos a atención con coches, con traballos de alto standing, co contido das nosas carteiras... cando no fondo solo queremos sexo. E todo vai ao sexo, coma os animais: o cervo coa maior cornamenta adoita ser o que se cepilla a máis chatis cervo. Bueno, no caso dos humanos, ter unha gran cornamenta non é tan bo, non? pero bueno, eso é un problema de convención lingüistica, sumado a unha curiosa metáfora que a saber de onde salíu. Pero si, coma flores. Teremos cores distintas, raíces distintas, cheiros distintos -Mira que cheira o condenado de Fran, el debe ser unha rafflesia desas, que disque cheiran a carne podre, puf, que cólera, un día teñolle que decir que se lave dunha puta vez, que xa me choran os ollos cando está ao meu lado, se non tivese que aguantalo todos os días, seguro que xa llo tiña dito, pero como vale máis oir ao demo, que polo menos cheira a azufre, que Fran, por cheirar, cheira a merda, pero mellor aturalo de boas, porque de malas comeza a suar e é peor. Por algo tiña que destacar ooh! Todos destacamos por algo, coma as flores. Deberíamos admitir que somos coma flores. Que si, que somos moi fermosos -Algúns, porque Lorena... Miña pobre- moi únicos, pero no fondo, somos todos o mesmo, que coño!, se fosemos todos distintos, non poderíamos decir "Ai, pois Fulanito é máis guapo ca Menganito", porque non se poden comparar cousas dintintas: a comparación é entre iguales. Se xa o dí a canción: "Tigres, leones, todos quieren ser los campeones", e que ben dixo Castelao cando dixo que un burro lle dixera que os homes non querían ser burros. O burro é moi vulgar claro, no te jode! Aínda por riba que traballa para ti, aínda o desprecias!? Ai, tache bien o conto, si señor! Pero total, todos eses aires de grandeza son para olvidar que somos débiles, coma flores, e quizás esa debilidade é o que as fai fermosas, a liviandade de quen pode morrer en calquera momento ou ser cortado. Ilusos! Mira que querer gañar un mundo do que van marchar tarde ou cedo. Queren que o mundo enteiro sexa sua coroa de pétalos, coma as flores queren ter a coroa de pétalos máis fermosa, pero o que fai grande a unha persoa é volverse pequena coma unha flor, e saber que ten o seu punto débil. En parte, eu tiven sorte, pois tras o accidente, vou sempre sentado sobre o meu punto débil, empuxando súas rodas cos meus brazos."


jueves, 10 de mayo de 2012

-A pregunta non é si cres en Deus...

-...senon, cre Deus en ti?
-O señor é meu pastor, nada me falta.
-Vamos, tío! Como cres en algo que non ves?
-Unha vez había un neurólogo relixioso e un astronauta ateo que estaban falando sobre Deus. O astronauta dixo que, tras anos de viaxar polo espacio, nunca vira a Deus. O neurólogo contestoulle que tras anos examinando cerebros, nunca vira un pensamento.
-Pero non é o mesmo. Os pensamentos síntelos. A Deus non o sintes.
-Eu si que o sinto.
-Pois eu iría a mirar eso. Escoitar voces na cabeza é un síntoma de esquizofrenia. Ademáis, a ciencia demostrou que Deus non é necesario para entender o mundo desde a creación do Universo no Big Bang.
-E a ciencia estaba alí?
-Moi seguro te vexo das tuas creencias. Ti non sabes que o sabio duda, que só os necios cren cegamente?
-Pois eu véxote moi convencido do teu ateismo...
-Touché, meu querido necio!
-Sempre fala o porco máis cheo eh?
-Vaia, que gracioso eres! Está ben. Vamos a ver quen dos dous ten a razón. Se Deus existe, fará baixar unha paloma ou algo así para evitar que esta bala che revente a cabeza.
-Se Deus existe, fará que esa bala me revente a cabeza.




miércoles, 2 de mayo de 2012

"O decálogo do galego", por Manuel Rivas

   1. O paraíso tamén pode estar en Galicia. Non é chauvinismo. Por que imos ter manos autoestima que as inmobiliarias? O que lle fai falta a este país é unha man de pintura coas cores das dornas e un azul de Patinir.

   2. Somos fillos da vieira. É dicir, de Venus. En Santiago está soterrada unha deusa adolescente e o Camiño de Santiago foi sempre o da fertilidade, o da comitiva de Dionisio, usurpado pola burocracia do Santo Oficio e a multinacional das Indulxencias.

   3. Somos do partido do riso. Aquí os mortos pásano ben. Chegará un día no que en lugar de crego pediremos un mariachi que cante "Pero sigo siendo el rey"

   4. Somos larpeiros, amoita honra. Sempre nos din: "Nada de caramelos agora. Cando non teñades dentes xa comeredes todos os que queirades". Pois imos comer cos dentes as Pedras todas de Santiago.

   5. Temos vontade de estilo. Facemos ben o mal e mal o ben.

   6. Temos unha lingua propia, moi lírica, moi lercha. E un acento con moitas curvas, afrodisíaco.

   7. Somos moi de aldea: só nos interesa o planeta Terra e a estreliña do luceiro, compañeiriña da Lúa.

   8. Somos sentimentais, que pasa? A ver quen ten collóns a chorar como chorámos nós!

   9. Disque temos unha ironía británica. Mais o noso himno nacional, coa letra d'Os pinos, supera en todo ao God save the Queen.

   10. Seremos os últimos en marchar deste lugar. Chegaremos tarde ao Xuízo Final

As migas, por Manuel Rivas

  O piropo. Vai vento. Hai corpos que aman o vento e móvense contra el cunha beleza eufórica. Pola rúa de Beiramar vai unha moza de longas guedellas e un vagabundo, que adoito desvaría, chimpa o verso perfecto do máis elegante bardo: "Ai, nena! Que ben capeas o temporal!"

  O ateo. Un acontecemento editorial, un libro que en miles se anda a ler ás agochadas como divinas palabras: "Tratado de ateoloxía". Coñecín ao autor, Michel Onfray, unha intelixencia viva, humorística, e que cre nun deus: o festivo Dioniso ou Baco, ese pasarrúas. Onfray cóntame que tivo catro ameazas de morte por..."intolerante". A sutileza fanática!

  A diferenza. Xa hai ricos galegos que figuran nos primeiros postos na lista Forbes das grandes fortunas mundiais. No gueto de Penamoa hai doenzas que xa nin se estudan nas facultadesde medicina e crianzas mordidas polas ratas. Mais como é sabido, xa non hai clases sociais, senón lapsus sociais: uns nadan da abundancia e outros nadan na ambulancia.