martes, 19 de junio de 2012

Sentado fronte ao mar: a cabeza non para

"Mira que hai flores. E non son nada do outro mundo! Realmente son pitos e vaxinas que incitan aos insectos á zoofilia, convertíndoos nunha sorte de espermatozoides zumbantes -Bzzzzzzzzzzzzzzz BBBBBBBBZZzz-, como... como vibradores con alas que levan a semente masculina ao calor femenino, vibradores con sorpresa. Vibradores Kinder! Pero aínda así, que penes e que vaxinas tan fermosos. Oxalá meu pene fose así. Aínda que no fondo, non somos tan distintos a flores. Chamamos a atención con coches, con traballos de alto standing, co contido das nosas carteiras... cando no fondo solo queremos sexo. E todo vai ao sexo, coma os animais: o cervo coa maior cornamenta adoita ser o que se cepilla a máis chatis cervo. Bueno, no caso dos humanos, ter unha gran cornamenta non é tan bo, non? pero bueno, eso é un problema de convención lingüistica, sumado a unha curiosa metáfora que a saber de onde salíu. Pero si, coma flores. Teremos cores distintas, raíces distintas, cheiros distintos -Mira que cheira o condenado de Fran, el debe ser unha rafflesia desas, que disque cheiran a carne podre, puf, que cólera, un día teñolle que decir que se lave dunha puta vez, que xa me choran os ollos cando está ao meu lado, se non tivese que aguantalo todos os días, seguro que xa llo tiña dito, pero como vale máis oir ao demo, que polo menos cheira a azufre, que Fran, por cheirar, cheira a merda, pero mellor aturalo de boas, porque de malas comeza a suar e é peor. Por algo tiña que destacar ooh! Todos destacamos por algo, coma as flores. Deberíamos admitir que somos coma flores. Que si, que somos moi fermosos -Algúns, porque Lorena... Miña pobre- moi únicos, pero no fondo, somos todos o mesmo, que coño!, se fosemos todos distintos, non poderíamos decir "Ai, pois Fulanito é máis guapo ca Menganito", porque non se poden comparar cousas dintintas: a comparación é entre iguales. Se xa o dí a canción: "Tigres, leones, todos quieren ser los campeones", e que ben dixo Castelao cando dixo que un burro lle dixera que os homes non querían ser burros. O burro é moi vulgar claro, no te jode! Aínda por riba que traballa para ti, aínda o desprecias!? Ai, tache bien o conto, si señor! Pero total, todos eses aires de grandeza son para olvidar que somos débiles, coma flores, e quizás esa debilidade é o que as fai fermosas, a liviandade de quen pode morrer en calquera momento ou ser cortado. Ilusos! Mira que querer gañar un mundo do que van marchar tarde ou cedo. Queren que o mundo enteiro sexa sua coroa de pétalos, coma as flores queren ter a coroa de pétalos máis fermosa, pero o que fai grande a unha persoa é volverse pequena coma unha flor, e saber que ten o seu punto débil. En parte, eu tiven sorte, pois tras o accidente, vou sempre sentado sobre o meu punto débil, empuxando súas rodas cos meus brazos."


jueves, 10 de mayo de 2012

-A pregunta non é si cres en Deus...

-...senon, cre Deus en ti?
-O señor é meu pastor, nada me falta.
-Vamos, tío! Como cres en algo que non ves?
-Unha vez había un neurólogo relixioso e un astronauta ateo que estaban falando sobre Deus. O astronauta dixo que, tras anos de viaxar polo espacio, nunca vira a Deus. O neurólogo contestoulle que tras anos examinando cerebros, nunca vira un pensamento.
-Pero non é o mesmo. Os pensamentos síntelos. A Deus non o sintes.
-Eu si que o sinto.
-Pois eu iría a mirar eso. Escoitar voces na cabeza é un síntoma de esquizofrenia. Ademáis, a ciencia demostrou que Deus non é necesario para entender o mundo desde a creación do Universo no Big Bang.
-E a ciencia estaba alí?
-Moi seguro te vexo das tuas creencias. Ti non sabes que o sabio duda, que só os necios cren cegamente?
-Pois eu véxote moi convencido do teu ateismo...
-Touché, meu querido necio!
-Sempre fala o porco máis cheo eh?
-Vaia, que gracioso eres! Está ben. Vamos a ver quen dos dous ten a razón. Se Deus existe, fará baixar unha paloma ou algo así para evitar que esta bala che revente a cabeza.
-Se Deus existe, fará que esa bala me revente a cabeza.




miércoles, 2 de mayo de 2012

"O decálogo do galego", por Manuel Rivas

   1. O paraíso tamén pode estar en Galicia. Non é chauvinismo. Por que imos ter manos autoestima que as inmobiliarias? O que lle fai falta a este país é unha man de pintura coas cores das dornas e un azul de Patinir.

   2. Somos fillos da vieira. É dicir, de Venus. En Santiago está soterrada unha deusa adolescente e o Camiño de Santiago foi sempre o da fertilidade, o da comitiva de Dionisio, usurpado pola burocracia do Santo Oficio e a multinacional das Indulxencias.

   3. Somos do partido do riso. Aquí os mortos pásano ben. Chegará un día no que en lugar de crego pediremos un mariachi que cante "Pero sigo siendo el rey"

   4. Somos larpeiros, amoita honra. Sempre nos din: "Nada de caramelos agora. Cando non teñades dentes xa comeredes todos os que queirades". Pois imos comer cos dentes as Pedras todas de Santiago.

   5. Temos vontade de estilo. Facemos ben o mal e mal o ben.

   6. Temos unha lingua propia, moi lírica, moi lercha. E un acento con moitas curvas, afrodisíaco.

   7. Somos moi de aldea: só nos interesa o planeta Terra e a estreliña do luceiro, compañeiriña da Lúa.

   8. Somos sentimentais, que pasa? A ver quen ten collóns a chorar como chorámos nós!

   9. Disque temos unha ironía británica. Mais o noso himno nacional, coa letra d'Os pinos, supera en todo ao God save the Queen.

   10. Seremos os últimos en marchar deste lugar. Chegaremos tarde ao Xuízo Final

As migas, por Manuel Rivas

  O piropo. Vai vento. Hai corpos que aman o vento e móvense contra el cunha beleza eufórica. Pola rúa de Beiramar vai unha moza de longas guedellas e un vagabundo, que adoito desvaría, chimpa o verso perfecto do máis elegante bardo: "Ai, nena! Que ben capeas o temporal!"

  O ateo. Un acontecemento editorial, un libro que en miles se anda a ler ás agochadas como divinas palabras: "Tratado de ateoloxía". Coñecín ao autor, Michel Onfray, unha intelixencia viva, humorística, e que cre nun deus: o festivo Dioniso ou Baco, ese pasarrúas. Onfray cóntame que tivo catro ameazas de morte por..."intolerante". A sutileza fanática!

  A diferenza. Xa hai ricos galegos que figuran nos primeiros postos na lista Forbes das grandes fortunas mundiais. No gueto de Penamoa hai doenzas que xa nin se estudan nas facultadesde medicina e crianzas mordidas polas ratas. Mais como é sabido, xa non hai clases sociais, senón lapsus sociais: uns nadan da abundancia e outros nadan na ambulancia.

martes, 24 de abril de 2012

"Me gustas cuando callas, porque estás como ausente"

   Érase un home a unha calificación pegado, con unha tontería superlativa. Un pelota felón e escriba. E por riba feo. Por enriba de todo, estaba un número dez marcado en vermello sobre o examen. O demáis non importaba. E a manía converteuse en enfermidade. Os espertos decidiron chamala "síndrome do can excitado", polo movemento frenético que experimentaba o suxeito no seu rabo cando recibía unha aprobación.
   
   Pouco a pouco, foi baixando o nivel de calificacións, ata conformarse con unha palmadiña na espalda. Pedía calificación polo seu comentario serio, polo seu comentario inxenioso, polo seu comentario observador, polo seu comentario lóxico, polo seu comentario crítico, polo seu comentario adulador, pola súa narración, pola súa novela, polo seu relato corto, polo seu relato breve, polo seu microrrelato, polo seu conto, polo seu poema, polo seu verso renacentista versolibrista, polo seu verso vangardista versolibrista, polo seu caligrama versolibrista, polo seu soneto versolibrista (todo versolibrista), pola súa teoría filosófica, pola súa teoría filosófica sobre Heráclito, pola súa teoría filosófica sobre Parménides, pola súa teoría filosófica sobre Sócrates, pola súa teoría filosófica sobre os sofistas, pola súa teoría filosófica sobre Platón, pola súa teoría filosófica sobre Aristóteles, pola súa teoría filosófica sobre Santo Tomás, pola súa teoría filosófica sobre San Agustín, pola súa teoría filosófica sobre Descartes, pola súa teoría filosófica sobre Descartes, pola súa teoría filosófica sobre Kant, pola súa teoría filosófica sobre Marx, pola súa teoría filosófica sobre Nietzsche, pola súa opinión sobre a expropiación de YPF, pola súa opinión sobre o papel de Fraga na democracia, pola súa opinión sobre a oratoria de Cicerón, pola súa opinión sobre a obra de Kafka, súa opinión sobre a teoría da relatividade, súa opinión sobre a relixión, súa opinión sobre os anarquistas rusos na revolución de Outubro, súa opinión sobre o cine de Berlanga, súa opinión sobre a pintura de Jackson Pollock, súa opinión sobre...

   Súa universalidade de temas só era superada pola súa ignorancia na maioría deles. O caso é que súa vida converteuse nun continuo examen. Pasou da teoría á práctica, e comezou a pedir nota cada vez que encestaba un papel na papeleira, cada vez que chutaba unha pelota, cada vez que fornicaba coa súa moza...

   O estrés provocado por un continuo intento de dar a nota, é decir, por non baixar a súa media de calificacións, comezou a provocarlle tics nerviosos que se traducían nun non parar de chasquidos de dedos e unha sonrisa forzada de frustración, provocada pola impotencia; impotencia de non manterse sempre no mesmo nivel, quero decir.

   O caso é que os seus chasquidos de dedos xogaronlle unha mala pasada o día que se presentou ao exame práctico de ingreso nos TEDAX. A calificación recibida foi todo un boom entre os demáis examinados. Por favor, non vos riades. Non é broma. É tan serio como parece.

   No seu epitafio, alguén, a moi mala fé, escribio "Insuficiente".


miércoles, 28 de marzo de 2012

Un éxodo de escuras formigas


                                                                           *
   Decían os vellos (algún aínda se acorda) que a San Andrés de Teixido vai de morto que non foi de vivo. E ata para eso hai xerarquías. Quen foi bo en vida, poderá ir feito un paxaro; quizás un corvo ou unha gaivota. Quen non foi tan bo, con sorte irá convertido nun raposo ou nun lobo, que non é tan cómodo como volar, pero polo menos teñeno máis fácil ca os que foron malas persoas. As malas persoas van convertidas en bichos, en pequenos escaravellos, en formigas, en escolopendras... seres diminutos, detestables, que arrastrarían os seus corpos despois de mortos para cumplir coa peregrinación obrigada. No cemiterio de Laxe, por un oco que tiña a fronte dun dos nichos, salíu a luz unha escolopendra.

  Movíase torpe, pois ainda non coordinaba moi ben as súas 52 patas. Todo se vía distinto. Todo lle parecía enorme. Baixou como pudo pola parede, ata que, pola falta de práctica, caeu ao chan, rompéndose varias patas. Seu novo sangue de escolopendra era da cor do pus: amarelo, grumoso. Ademáis, desprendía un olor abafante que se mesturaba co olor a morto que desprendía seu corpo, recén saído dun cadaver. Arrastrouse como puido ata unha pociña que estaba preto dela, mirando de quitarse aquel tufo a podredume e pecados redimíndose. Avanzaba despacio, facendo gran esforzo coas suas patiñas, raiando o seu novo ventre de queratina, sufrindo.

  Chegou á poza e meteuse nela onde non lle cubría. Non estaba soa. Preto había un formigueiro. Máis preto ainda, había unha formiga exploradora. E vío á escolopendra ferida. E a escolopendra ferida vío como a formiga exploradora se metía no formigueiro. E tamén vío como saían do formigueiro 20 ou trinta formigas máis. E esas 20 ou trinta formigas viron á escolopendra ferida. E tiñan fame. A escolopendra viuse fuxir; viuse arrastrar tan rápido como llo permitían as patas que lle quedaban e o peso morto das patas rotas, que agora pesaban o dobre por estar molladas. Viu como as formigas a libraban dese peso, arrincándolle as patas mortas, volvendo encher o aire do olor dese pus que tiña por sangue. Viu que, nun xesto altruísta, as formigas tamén lle quitaban as patas que tiña sás. Viu como as devoraban e volvían a por máis. Viuse morrer devorada, envolta en formigas e un pus mal chamado sangue. De repente viu ao seu salvador.

  Algunhas formigas tentaron fuxir ante a aparición do deu inimigo natural por excelencia: un neno. Con un pauiño, o neno empezou a pisar ás formigas. Despedazábaas. Mutilábaas. Por todos lados cabezas de formigas, abdomes de formigas, patas de formigas, antenas de formigas... e nada no seu lugar natural. Todo mesturado. Todo cheo de ese pus sanguiñolento e apestoso. O neno acabou con todas as formigas. A escolopendra, malferida pero viva, mirou hacia o neno, para ver a cara do seu salvador, para darlle as grazas. En vez deso, viu que o pauiño xusticieiro apuntaba agora cara ela e a tiraba dun empurrón cara a entrada do formigueiro, onde as formigas soldado buscaban, de moi mal xenio, ao causante da masacre, dispostas á matar.





**

   Acabara de ler "Un éxodo de escuras formigas" e tivera que ir ao baño. Non lle sentara moi ben ao seu estómago, e menos despois de comer. Ali quedaban os espaguetis case enteiros (non lle gustaba masticar) a medio dixerir. "-Como alguén pode coller un verso de Sabina e modificalo para dar título a algo tan repulsivo..." Porque no fondo era un sensible. As tatuaxes e as pintas de malote eran pola banda na que estaba. Ou estabas nunha banda ou non eras ninguén. Asomouse a ventá mentras secaba a suor da vomitona. Alá embaixo, todos parecían formigas atontadas, indo e vindo, vindo e indo. Sentíase poderoso, tiña a sensación de que podería aplastar a esa multitude de puntiños que se movían pola rúa.

   Volveu ao ordenador e vío que, de repente, aparecéralle unha segunda parte a "Un éxodo de escuras formigas". Lío que nesa segunda parte estaba escrito o que acabara de facer, o que estaba facendo e o texto aínda seguía. Empezáronlle a picar as pernas, tal e como poñía no texto. Rascouse sen mirar cal era a causa dese formigueo. Estábase asustando. E quen escribía xa o sabía. Vio pasar unha formiga correndo polo escritorio e aplastouna. Leeu que o autor do texto xa contara con esa formiga e agora o texto pronosticáballe un aumento nese formigueo, e outra formiga sobre o escritorio, a que miraría estrañado, pero deixaríaa ir. Xa non era dono de seus actos. O texto gobernaba a súa vida. O texto indicáballe que se volvera rascar, que o formigueo aumentaba, pero que non mirara aínda. Estaba empezando a poñerse nervioso. Quería mirar, pero algo yo impedía. O formigueo xa estaba a altura da cintura e xa empezaba a doer. Puido mirar para o chan por fin, pero non o viu. Aos seus pes agolpábase unha marabunta, subíndolle polas pernas. Agora tiña que correr. Saíu correndo a rúa. Agora xa non era formigueo: estábano comendo vivo. Correu ata que as formigas lle destrozaron os tendóns e caeu ao chan.

   Unha vez no chan, revolveuse como se revolve un rato mentras está na boca da serpe e o veleno aínda non fixo a súa función. Agora as formigas dividíanse e avanzaban en distintas columnas polo seu corpo arriba. Por un momento sentiunas entrar polo seu membro viril, pero a sensación durou pouco. Unha das columnas empezara a comer a medula espiñal, polo que de cintura para abaixo estaba nun estado de completa insensibilidade. Pouco a pouco, todo foron formigas. Súa saliva era negra. Seu estómago estaba cheo de diminutas bocas famentas. Respiraba un continuo pataleo de formigas. De súpeto, alguén apagou a luz. O último que sentiu foi un formigueo dentro da cabeza e ás formigas comezando a devorar seus ollos.


Se poidera seguir lendo, chegaría a ver a súa morte.







viernes, 23 de marzo de 2012

Desconto en filósofos

-Por que ou porque?
-Por que?
-E por que por que?
-Porque por que, que?
-Pois porque por que.
-E por que?
-Porque non é porque
-Por?
-Que?
-Que de que?
-Que por que por que e non porque?
-Pois porque é por que e non porque?
-No, porque por que non é porque, e si porque é porque entón non é por que.
-Pero si é por que, non pode ser porque, porque por que e porque non son o mesmo.
-O mesmo que?
-Boh! Mira! Que teño a razón.
-E por que?
-Porque por que non é porque e porque non é por que
-Pero porque tampouco pode ser por que, nin por que pode ser porque.
-Entonces teño a razón.
-E por que?



Non se sabe o que lle contestou, pero ía armado.