-Esto non pode ser! Viches as noticias? Urdangarín roubou non sei cantos millóns de euros! Increible! E como non queren que a xente faga negocios polo negro pa poder chegar a fin de mes, cando estes cabróns rouban millóns e ainda salen defendendoos!
-Xa! Son uns ladróns! Queren sacar cartos de todos lados! Mira o da ley SOPA, que atentado contra a liberdade de expresión!
-Xa! E viches os medios, coa morte de Fraga? Ahora resulta que era un demócrata. No, si xa o dixo Malcolm X, "Se non estas prevenido contra os medios de comunicación, faránche odiar ao oprimido e amar ao opresor".
-Xa! Pero eso que máis da? Ganou a Barça! Uuuh! Xa nada importa, porque ganou o Barça! Dende logo, se Marx estivera vivo hoxe, en vez de que a igrexa é o opio do pobo, diría que o é o futbol.
-Xa! Dios! Tiña que volver Lenin! Seguro que nos implantaba a terceira república cagando ostias...
-Xa! Ou que resucitara o Che e viñera facer a revolución aqui
-Xa! Pero bo, total, a xente non pensa, prefire estar escoitando a Justin Bieber
-Xa! Dios! Da unha rabia... Alguén tiña que facer algo
-Xa! Se volvera Durruti...
-Xa!
-Xa
-Xa....
lunes, 23 de enero de 2012
lunes, 19 de diciembre de 2011
Eufemismos de Eduardo Galeano
"Ahora las torturas se llaman «apremios ilegales». La traición se llama «realismo». El oportunismo se llama «pragmatismo». El imperialismo se llama «globalización». Y a las víctimas del imperialismo se las llama «países en vías de desarrollo»".
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Cousas de nenos
(Nun lugar preto do monte)
-Ei! Que serán esas dúas luces vermellas?
-Será un avión?
-Non, parvo! non ves que non se moven?
-Ao mellor é un helicóptero que se parou aí, listo.
-E onde está o ruido das helices, anacleto?
-Tamén é verdade... Ben mirado, parecen dous ollos no ceo.
-Serán os ollos dun xigante?
-Non!Eso son os ollos de Deus, bobo!
-Dun xigante!
-De Deus!
-Espera que lle pregunto a meu pai, vas ver como teño eu razón. Papá, que son esas duas luces vermellas que hai alá arriba no monte?
-Son as luces da antena de telefonía, meu fillo.
-Ei! Que serán esas dúas luces vermellas?
-Será un avión?
-Non, parvo! non ves que non se moven?
-Ao mellor é un helicóptero que se parou aí, listo.
-E onde está o ruido das helices, anacleto?
-Tamén é verdade... Ben mirado, parecen dous ollos no ceo.
-Serán os ollos dun xigante?
-Non!Eso son os ollos de Deus, bobo!
-Dun xigante!
-De Deus!
-Espera que lle pregunto a meu pai, vas ver como teño eu razón. Papá, que son esas duas luces vermellas que hai alá arriba no monte?
-Son as luces da antena de telefonía, meu fillo.
Preparando a obra
-Tocouche un papel dificil. Representas a unha nova rica, con todos os tópicos: falta de cultura, de saber estar, algo tonta... tes que ser unha paleta, vaia.
-Pero serei guapa non?
-Pero serei guapa non?
viernes, 14 de octubre de 2011
Blackberry

-tektektektektektek
-BIP!
-teketek
-BIP!
-tektektek
-...
-tektektektektektektektektektektek
-BIP!...BIP!BIP!...BIP!
-(sorrí)teketektektektek... tektetek...tektetektektek
-...
-tekete
-...
-... (non contesta...)
-BIP!...BIP!
-(xa contesta) teketektetektekteketektktektektetetektek...tketek
-BIP!
-teketek (non irá marchar agora?)
-BIP!BIP!BIP!
-teketek
-...
-(vaia, xa cerrou sesión)
:'(
Coma o viño
O señor Pedro era un home de mundo. Falaba varios idiomas. Estivera moitos anos embarcado, emigrado e incluso loitara nalgunha guerra. Todos os nenos da vila queríamos que nos ensinase a tatuaxe do brazo: unha anduriña cunha estrela no pico. Se de algo sabía o señor Pedro era de paxaros.
-A este paxaro faltalle confianza.
O señor Pedro comezou a falarlle ao animaliño. E o animaliño contestoulle
-Cantou!
-Non cho dicía eu? Faltáballe confianza...
-Onde aprendeu tanto de paxaros, señor Pedro?
-Cos anos, ti tamen saberas facer cantar a un paxaro. Basta con encontrar a sua debilidade e cantará canto queiras... Ás persoas pasanos o mesmo.
A última frase deixárame confuso. El miroume e sorriu. "Cando teñas a miña idade, quizais chegues a entendelo"
O señor Pedro morreu. E a min xa non creo que me quede moito.
Hoxe, paseando polo parque, vin un niño de merlos nunha árbore. A nai traia comida e os paxariños recen nacidos chiaban coma condanados.

Creo que empezo a entender as palabras do señor Pedro.
miércoles, 31 de agosto de 2011
Donde quedou?
Tras outro voo ao hospital, un brazo roto e unhas cantas desilusións, deuse conta de que non tiña as. "-E que?"-pensaba."-Non as preciso." Foi así como descubriu os avións. A partir de ahí, xa non necesitaba máis xoguete cos seus brazos en cruz e correr... A os 12 anos, seu avó regaloulle un libro de avións. Ese foi o primeiro. Despois viñeron máis. Nas súas mans, os libros abrían as páxinas e, convertidos en gaivotas recortadas no horizonte, voaban, marchaban tan veloces como veloz chegaba a mocidade ao resto de nenos da sua idade.
E asi se fixo grande entre soños de as de ferro e sangue de queroseno. E veu a guerra. E á guerra foi. E asi se montou nun avión. E asi voou.
é curioso pensar que o noso home só sentía a liberdade dentro do seu biplano. Pasou medo, frío, fame dentro das suas as de metal, pero era tan feliz como a situación lle permitía. Loitou por unha causa e fixose un home de loita.
A guerra rematou e el puido conservar sua liberdade
: seu avión. Voou por todo o mundo. Vivía para voar. Nada lle afectaba alá arriba, no seu reino de vento. Voaba para vivir.
E o máis curioso é que cando voaba no seu avión sentía un frío no peito que non era nin medo nin froito do clima. Era coma o recordo de algo que nunca tivera. Algo que lle marchara voando entre as páxinas dos libros de avións, recortado no horizonte, coma unha gaivota máis...

"Vive su sueño, triste y solitario surcando el cielo"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

